Lago de Castiñeiras - MARIN
Valoración: 5

Compartido co veciño concello de Vilaboa, destaca como miradoiro e parque natural. Ten unha área recreativa e un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, unha Aula da Natureza, un parque e un coto de pesca. De gran beleza paisaxística atrae a moitos visitantes, entre eles centros de ensino. 

Atópase a un 10 km. do núcleo urbano e a un 400 m. sobre o nivel do mar. Desde o seu miradoiro en Cotorredondo, con bo tempo distínguense as tres Rías Baixas meridionais: Arousa, Pontevedra e Vigo. Preto do lugar hai picaderos para montar dacabalo coa posibilidade de facer rutas polo monte da contorna, podendo visitar as mamoas e petróglifos dos arredores.

Características de Rutas á natureza

  • Distancia de todo o recorrido 10 kms.
  • Outra información Indicado para ir de pic-nic
  • Nivel de dificultade Medio