O percorrido é de 6,5 Km., partindo do lavadoiro do río Lameira pasando preto do poboado castrense de Subidá, para continuar ata o cume do monte e finalizar na igrexa de Santo Tomei de Piñeiro.
Esta ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais. Desviándonos do itinerario poderemos ver a igrexa de Santa María del Campo e os muíños do río Loira (zona de gran beleza).
A dificultade da ruta é medio-baixa, aínda que con pendente pronunciada ata chegar ao cume. Está claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta.
Este traxecto pódese transitar en calquera estación do ano.
Interese da vía: Cultural - Etnográfico - Arqueolóxico - Relixioso.